
Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC

O Fondo Galicia Iniciativas Emprendedoras, FICC, persegue os seguintes obxectivos:
» Fomento do espírito emprendedor e apoio financeiro a iniciativas emprendedoras
» Creación dunha rede galega de inversores particulares
Os proxectos seleccionados polo Fondo deben cumprir, con carácter enunciativo e non excluínte, unha ou varias das seguintes características:
» Proxectos novidosos
» A inversión debe de estar relacionada coa innovación de produtos, servizos e/ou procesos (non necesariamente tecnolóxicos)
» Ter potencial de crecemento e internacionalización
» Ser realistas, viables técnica, comercial e financeiramente
» Os emprendedores e/ou equipo directivo deben posuír capacidade técnica e de xestión
» Constituír unha proposta interesante para inversores, entidades financeiras e outras empresas
¿Quere presentar un proxecto?” “Presenta o teu proxecto”