XesGalicia

XesGalicia

XesGalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.

XesGalicia é unha sociedade mercantil pública autonómica da Xunta de Galicia, adscrita á Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, sendo os seus obxectivos apoiar o crecemento do tecido empresarial galego, impulsar o desenvolvemento e a consolidación económica e industrial de Galicia, así como fomentar o emprendemento e a innovación. Por iso, dende hai dúas décadas, XesGalicia xestiona diversas entidades de capital risco especializadas en función de cada tipoloxía de empresa ou proxecto.

Os factores que nos diferencian son o noso carácter público, a profesionalidade do noso equipo, o marcado foco das nosas políticas de investimento e a solidez institucional dos partícipes nas entidades de capital risco que xestionamos.

Con estes alicerces, e considerando unicamente as operacións desembolsadas durante os exercicios 2020 e 2021, aprobamos novas operacións en favor de máis de 40 proxectos e por un volume agregado superior aos 20 millóns de euros, apoiando desta forma a actividade produtiva de empresas galegas. Así mesmo, cabe destacar que desde fai varios exercicios vimos participando activamente en varios programas de financiamento ao emprendemento, tanto de tipo vertical como horizontal, os cales obtiveron numerosos recoñecementos nacionais e internacionais.

O financiamento ás novas iniciativas empresariais de recente creación volve ser, no curto prazo, un dos nosos grandes obxectivos, para o que ampliamos a nosa colaboración en novos programas de apoio ao emprendedor. Ademais, seguimos poñendo á disposición das empresas galegas, ou daquelas que desexen desenvolver unha actividade económica en Galicia, fondos especialmente orientados ao apoio á modernización do tecido produtivo a través da súa transformación dixital, á innovación ou á internacionalización, unha colaboración dirixida tanto a grandes corporacións empresariais como ás pemes.

Así mesmo, con respecto ás diferentes tipoloxías de operacións que podemos afrontar, contamos con produtos especialmente deseñados para o reforzo dos fondos propios das compañías, para facilitar o incremento do tamaño empresarial a través de operacións de fusións e adquisicións ou para facilitar a sucesión empresarial a través de diversas fórmulas, especialmente necesarias no caso das empresas familiares. En coherencia co anterior e no marco dos obxectivos de reactivación do tecido empresarial e da transformación e crecemento empresarial tras a crise da Covid-19, XesGalicia puxo en marcha unha nova liña de financiamento denominado “Liña de Transformación”, dotada con 30 millóns de euros.

Todo isto é posible grazas á principal fortaleza de XesGalicia, que non é outra que o seu equipo. Contamos con profesionais de primeiro nivel que aglutinan unha dilatada experiencia e un gran coñecemento no ámbito do apoio empresarial, e que contan ademais cunha visión transversal en múltiples sectores económicos, completando así o apoio que ofrecemos ás empresas en clave de financiamento.

Coa colaboración dos nosos partícipes, XesGalicia seguirá traballando nesta mesma liña para que o tecido empresarial galego gañe en dinamismo e competitividade.

 

Rubén Aguión

Director Xeral de XesGalicia

XesGalicia, Sociedade Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U.

XesGalicia, a sociedade xestora de entidades de capital risco galega, financia o desenvolvemento empresarial mediante participacións temporais e minoritarias no capital social das empresas.

Como complemento, outórgalles préstamos participativos ou préstamos ordinarios a longo prazo a través de diferentes e específicos Fondos e sociedades de capital risco.

Requisitos: O único requisito común no estudo de inversións é que sexan empresas non financeiras cuxos valores non coticen no primeiro mercado da Bolsa de Valores, se ben existen requisitos adicionais para cada entidade xestionada asociados á súa estratexia inversora particular.

Dinos quen es
Indícanos o email no que queres recibir resposta
Díganos o nome da súa empresa
Describe brevemente o proxecto que envías
Os ficheiros deben ser menores de 2 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: pdf.

Información básica de protección de datos

Xesgalicia tratará os seus datos persoais coa finalidade de atender ás solicitudes presentadas no formulario sobre a súa proposta de inversión. Pode exercer os dereitos establecidos nos artigos 15 a 22 do Regulamento (UE) 2016/679 nas direccións que encontrará na información adicional. Más información en nuestra Política de Privacidad.

CAPTCHA
Esta pregunta es para comprobar se vostede é un visitante humano e prevenir envíos de spam automatizado.