Comunicado - COVID-19

Dentro do conxunto de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social provocado polo COVID-19 e a declaración do estado de alarma, e mantendo o compromiso de apoio financeiro ofrecido por Xesgalicia, puxemos en marcha unha serie de iniciativas de apoio:

  1. Aprobación dunha condonación no pago de intereses e unha moratoria no pago do principal nas cotas liquidables o 31 de marzo de 2020, baixo determinadas condicións e destinado a aquelas empresas financiadas impactadas polo actual contexto. Ler nova
  2. Ampliación da medida anterior, estendéndoa á cota liquidable o 30 de xuño de 2020, de modo que as empresas que cumpran as condicións estipuladas póidanse beneficiar da condonación no pago de intereses e da moratoria no pago do principal durante todo o primeiro semestre do ano Ler nova
  3. Nova liña de investimento, dotada con 10 millóns de euros, para cubrir as necesidades de reestruturación produtiva das empresas galegas que decidan acometer a fabricación de material de protección necesario para facer fronte ao coronavirus. En concreto, esta liña financiará investimentos e circulante, e as empresas deberán dar resposta coa produción de equipos como, por exemplo, téxtiles sanitarios, equipos de protección individual ( EPIs) e materiais para  respiradores. Ler nova 

Este conxunto de iniciativas súmanse ás postas en marcha pola Consellería de Economía,  Emprego e Industria da Xunta de Galicia, dirixidas ao noso tecido empresarial e que podes atopar na seguinte dirección: https://ceei.xunta.gal/coronavirus

 

Acto BFA
04/11/2016 - 14:00
  • O pasado venres finalizou o prazo de inscrición para participar na primeira convocatoria do Business Factory Auto (BFA) cun total de 22 proxectos empresariais presentados nas catro categorías posibles
Video Galicia Innova
06/10/2016 - 14:00
  • Juan Cividanes, director de XesGalicia, explica en V Televisión que a BFA é unha iniciativa pioneira en Europa, aberta e vertical, que busca acelerar e consolidar proxectos innovadores no sector da automoción
22/09/2016 - 12:00
  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, visitou esta mañá en Vigo as instalacións da compañía, que fabrica chemineas modulares, condutos de ventilación e aire acondicionado, exportando o 70% da súa produción
O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo unha reunión de traballo cos directivos da empresa Teimas Desenvolvemento
20/09/2016 - 12:30
  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, mantivo unha reunión de traballo con directivos da compañía, que xestiona o 1,6 millóns de toneladas de residuos
  • É a única empresa en España especializada no desenvolvemento de solucións...
14/09/2016 - 16:15
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu no Porto do Molle de Nigrán a unha xornada informativa sobre esta aceleradora pioneira que facilitará o emprendemento industrial innovador no eido do automóbil
  • Tras...
06/09/2016 - 13:30
  • O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, visitou esta mañá en Arteixo o laboratorio da compañía biotecnolóxica, onde investiga para a cura de enfermidades en animais
  • Sinala que a compañía é un exemplo das posibilidades de...
30/08/2016 - 18:00

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, visitou esta mañá as instalacións, no municipio de Forcarei, nas que a compañía investirá 4 millóns para multiplicar por sete a súa capacidade produtiva e crear ata 40 postos de traballo A factoría é a única...

26/08/2016 - 17:00

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, vistou as instalacións da compañía no polígono industrial PenapurreiraEvasa, que comercializa a súa produción en máis de 20 países, está a optimizar o seu sistema de produción e a fabricación dun novo produto...

22/06/2016 - 13:45
  • O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Santiago neste encontro no que as empresas presentan as súas iniciativas a un centenar de potenciais investidores
  • Sinala que o pulo emprendedor de Galicia...
21/06/2016 - 11:45
  • No encontro que se celebra mañá en Santiago se presentan 9 propostas seleccionadas por Xesgalicia que fomentan a innovación e amosan un elevado potencial de crecemento
  • As entidades estudarán as operacións de financiamento que soliciten...

Páxinas